Somos Big Crunch!

Logotipo Big Crunch LogoBoas! Somos Big Crunch! Rock? alternativo ecléctico & eléctrico 100% independente e libre dende 2015.

Quen somos Big Crunch?

Somos un trio de músicos do Barco de Valdeorras. Este vrao gañamos algúns premios co noso primeiro EP (totalmente autoproducido e autoeditado de forma independente), entre eles o concurso Cultura Quente, o cal gañamos por votación popular e por unanimidade dos membros e membras do xurado, e iso levounos a tocar no Festival Internacional de Rock Cultura Quente, onde compartimos escenario con Marky Ramone, Siniestro Total, Los Enemigos, Ilegales, Agoraphobia, The Soul Jacket, Havalina, Furious Monkey House, Tractor Troy, etc. Tamén tocamos no SilFest xunto a Correos, Maryland, The Lákazans, Cora Sayers, The Morgans…

De que vai a música que facemos?

Sobre o noso traballo: “La nota común a todo este trabajo la encontramos en la intensidad. No se andan con remilgos. Van al grano. Se dejan de parafernalias sonoras para arrancarte mil y una referencias musicales[…]Un trabajo más que digno, interesante porque no se casan con nadie ni nada.” Pentavox Magazine, 26 de Agosto del 2016. ( http://pentavox.net/2016/08/26/crujidos-la-oscuridad-big-crunch-presentan-ep-debut/ )

Nós cremos que facemos rock de autor, baseado en riffs potentes e liñas melódicas vocais. As letras falan das nosas ideas filosóficas e políticas ante a vida, en galego, castelán e inglés. Pero gústanos que cada un se faga a súa propia idea sobre o que facemos, así que podes escoitar e descargar gratis a nosa música en Youtube . Esperamos que vos guste!

Onde podes atoparnos?

Como dixemos, podes escoitar e descargar gratis a nosa música en Youtube . Tamén podes mercar o noso EP en formato físico ou dixital en bigcrunchband.bandcamp.com por tan só 4 euriños. Ademáis estamos tamén en Spotify, Deezer, e iTunes.

Mentras decides invertir os mellores 4 euriños da túa vida, convidámoste a seguirnos en Facebook ( facebook.com/bigcrunchband ), Twitter ( twitter.com/bigcrunchband ) e Instagram ( instagram.com/bigcrunchband ). Darlle ó botón de “me gusta” ou ó de “seguir” sae gratis, e con iso axudádesnos moito ás bandas emerxentes!

Páxina Página Big Crunch Page @ FacebookChíos Twitts Big Crunch @ Twitter Fotos Big Crunch @ InstagramCanal Big Crunch Channel @ Youtube

Biografía

  No vrao do 2015, Gonza Fernández (batería), Roma DoVal (voz e guitarra) e Mel (baixo) formamos Big Crunch! Debutamos no microfestival JamSession 2015 organizado por AMAVA (Asociación Música Alternativa Valdeorras). Asistimos ó festival “Barbudos Fest” en Setembro, tocamos xunto a The Joker, Now I Am, e Rastreros. Pouco despois volvemos tocar no mesmo lugar nunha edición en acústico, como cabezas de cartel esta vez. Dende entón estivemos traballando no noso EP totalmente autoproducido (nun tercio dun dormitorio, tamén coñecido como [tesis records]) e autoeditado despois de repetidísimas chamadas e viaxes a Ourense loitando con burocracias infinitas.

En Maio do 2016 enviamos “Kenophobia”, o primeiro tema do noso EP, a participar no concurso de maquetas Cultura Quente. Clasificámonos como grupo máis votado por votación popular na primeira fase e pasamos á final, que tamén gañamos, por unanimidade do xurado. Con isto conseguimos en Xuño colarnos a tocar no Festival Internacional Cultura Quente. Compartimos escenario con artistas de renome internacional como Marky Ramone’s Blitzkrieg, Agoraphobia, Supersuckers, Siniestro Total, Ilegales, Los Enemigos, The Soul Jacket, Furious Monkey House, El Drogas, e Havalina.

En Xullo do 2016, conseguimos o terceiro premio da Batalla de Bandas SadaRock.  En Agosto participamos no SilFest xunto a bandas como The Lákazans, The Morgans, Maryland, Presumido, Correos, Cora Sayers e mailos Íñigos. En Setembro regresamos ó “JamSession”, rebautizado como “JamFest“, onde celebramos o noso aniversario con interpretacións especiais e improvisacións. Alí tivemos algún altercado cuns axentes de policía que pretendían que deixásemos de tocar, ós que decidimos obviar por motivos artísticos. Semanas despois, participamos no Cristo2016, onde tocamos xunto a La Maravillosa Orquesta del Alcohol, Placeres Solitarios, Novedades Carminha, Sokram, e Torfy & SdeRap. Na actualidade aforramos para costear unha xira e o lanzamento do noso novo disco, esta vez de longa duración ou LP, e que verá a luz en vrao/outono do 2017!!

        Somos Big Crunch.

¬

[sgmb id=”1″]